Por qué facer unha programación
Certo. Son un pesadelo burocrático pero hai razóns para facer unha programación, ou sexa para pensar antes de actuar.
Escribir para pensar
Esta claro que temos dúas axudas básicas para pensar: unha é a conversa e outra é a escritura. A programación debe facerse en común, falando co resto do profesorado e debe plasmarse por escrito
Inventariar os problemas
A programación debe revisar os problemas previsibles con que nos atopamos ao longo dun curso
Definir e xerarquizar os criterios
As decisións precisan criterios e nas actividades de ensinanza-aprendizaxe é precios tomar unha chea de decisións
Ordenar e temporizar as actividades
É certo que sempre podemos improvisar ou decidir sobre a marcha pero non cabe duda que é necesario ordenar as nosas accións no tempo para conseguir as finalidades que nos porpoñemos
Formalizar os acordos
Hai que comprometerse diante da comunidade educativa. Para iso é necesario
- explicitar os criterios que van ser empregados en decisións clave (cualificación, promoción, atención á diversidade, etc)
- listar os medios que se van empregar (contidos, recursos didácticos, )
- concretar os obxectivos que se pretenden obter
- definir os medios que se van empregar para avaliar o proceso
Interpretar e concretar as disposicións legais
Hai moitas disposicións legais que conforman a actividade do profesorado pero hai moitas lecturas e concrecións posibles. É necesario un esforzo de delimitación para non perderse
No hay comentarios:
Publicar un comentario