jueves, 12 de noviembre de 2015

Programacións (I)

A programación é un instrumento de planificación que permite ao profesorado tomar decisións anticipadas coa necesaria tranquilidade e despois do aconsellable debate cos colegas do departamento. Visto así a confección da programación é un momento moi importante da actividade do curso e , sobre todo, debería ser unha fonte de satisfacción que se prolongaría ao longo do curso. Sen embargo, as cousas non son tal. A programación convírtese nun suplicio cando hai innovacións lexislativas ou nun trámite burocrático cando o que se trata é de poñer o de sempre. E isto é asi porque 
  •  A programación -funciona como un contrato coa administración ao que os seus vixiantes -os inspectores- terán que referirse sempre en caso de conflicto que, por outro lado, é cando se fan necesarias. Desde o punto de vista da administración é algo tan importante que a súa elaboración e defensa é unha das partes principais nas probas de acceso aos postos docentes. 
  •  Dado este carácter de contrato a administración vese na obriga de lexislar as súas características -por exemplo, os seus contidos- cun grado de detalle grande. En ocasións, emerxen diferentes interpretacións nos escalóns da administración aparecendo un conxunto de instruccións e comunicados que conforman un panorama confuso e arbitrario.
  •  Cando hai novidades de tipo organizativo e ainda máis pedagóxico, o profesorado vese na obriga de incluir nas programacións conceptos que a penas entende e sobre os cales tampouco atopa aclaracións nas instancias administrativas. Asi ven sucedendo con conceptos como capacidades, competencias e recentemente, estándares. 
  •  Por enriba, dado o carácter de contrato administrativo as inspeccións exercen unha certa presión para velar pola corrección da súa elaboración indignando as veces ao profesorado. 
  • Esta situación é o perfecto caldo de cultivo para que aparezan prácticas distorsionadas do tipo: 
    • copiar programacións, por exemplo, das “xentilmente” cedidas polas editoriais 
    • elaboración da programación polo xefe de departamento sen debate co resto dos colegas
    •  copiar a do ano anterior sen que medie reflexión sobre as experiencias anteriores. 
  • Finalmente as programacións son documentos formais que establecen un dialogo ficticio donde uns fan que fan e outros fan que vixian. Eso sí, en caso de conflicto, o documento escrito será o que permita dictar sentencia. 
As programacións por tanto, están a cumprir unha serie de funcións que as alonxan da función educativa e as convirten
  •  nun tramite burócratico formal. 
  • nunha declaración de intencións falsa que moitas veces contradí a programación real que desenvolve o profesorado. 
  • nun instrumento inadecuado para levar a práctica as ideas pedagóxicas establecidas polo lexislador.
  • nun instrumento escuro que a penas se comparte co alumnado e coa familias. 
  • nun medio de non-relación coa inspección nun elemento limitador da autonomía do profesorado. 
 Podemos cambiar esta situación?

No hay comentarios:

Publicar un comentario