Para clarificar as cousas, a administración decide unificar instruccións incluindo na Resolución da Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación de 27 de xullo de 2015 un artigo, o número 13, que reproducimos e comentamos a continuación.
Artigo 13. Programacións didácticas
1. Os departamentos didácticos dos centros docentes desenvolverán o currículo establecido mediante a programación didáctica de cada materia de cada curso que teña encomendada na organización docente do centro.
Os responsables da programación son os departamentos
2. A programación didáctica deberá ser o instrumento de planificación curricular específico e necesario para desenvolver o proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado de maneira coordinada entre o profesorado compoñente do departamento.
A programación debe asegurar o traballo coordinado do profesorado do departamento. Consecuentemente todo o profesorado debe participar na elaboración, discusión e aprobación ainda que na práctica son frecuentemente os xefes de departamento os encargados de elaborarlas.
3. As programacións didácticas incluirán en cada materia, polo menos, os seguintes elementos:
a) Introdución e contextualización.
b) Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais.
Por exemplo, nesta tabla se relacionan os estandares coas competencias
BLOQUE
|
ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE
|
CCL
|
CMCCT
|
CD
|
CAA
|
CSC
|
CSIEE
|
CCEC
|
B1: Proceso de resolución de problemas
tecnolóxicos
|
Deseña
un prototipo que dá solución a un problema técnico, mediante o
proceso de resolución de problemas tecnolóxicos. |
|
|
|
|
|
|
|
Elabora
a documentación necesaria para a planificación da construción
do prototipo. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Constrúe
un prototipo que dá solución a un problema técnico, mediante o
proceso de resolución de problemas tecnolóxicos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Traballa
en equipo de xeito responsable e respectuoso. |
|
|
|
|
|
|
|
|
B2: Expresión e comunicación técnica
|
Interpreta
esbozos e bosquexos como elementos de información de produtos
tecnolóxicos. |
|
|
|
|
|
|
|
Produce
os documentos relacionados cun prototipo empregando software
específico de apoio. |
|
|
|
|
|
|
|
|
B3: Materiais de uso técnico
|
Describe
as características propias dos materiais de uso técnico,
comparando as súas propiedades. |
|
|
|
|
|
|
|
Explica
as técnicas de identificación das propiedades mecánicas dos
materiais de uso técnico. |
|
|
|
|
|
|
|
|
B4: Máquinas e sistemas: electricidade,
electrónica e control
|
Explica
os principais efectos da corrente eléctrica e a súa conversión. |
|
|
|
|
|
|
|
Utiliza
os instrumentos de medida para coñecer as magnitudes eléctricas
de circuítos básicos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Calcula
as magnitudes eléctricas básicas en circuítos eléctricos
sinxelos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Deseña
e monta circuítos eléctricos e electrónicos básicos
empregando lámpadas, zumbadores, díodos LED, transistores,
motores, baterías, conectores, condensadores e resistencias. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Deseña
circuítos eléctricos básicos, utilizando software específico
e simboloxía adecuada, e experimenta cos elementos que o
configuran. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Elabora
un programa informático que xestione o funcionamento dun sistema
de control. |
|
|
|
|
|
|
|
|
B5: Tecnoloxías da información e da
comunicación
|
Identifica
as partes dun computador e é capaz de substituír e montar pezas
clave. |
|
|
|
|
|
|
|
Manexa
espazos web, plataformas e outros sistemas de intercambio de
información. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñece
as medidas de seguridade aplicables a cada situación de risco. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Instala
e manexa programas e software básicos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Utiliza
adecuadamente equipamentos informáticos e dispositivos
electrónicos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Elabora,
presenta e difunde proxectos técnicos con equipamentos
informáticos. |
|
|
|
|
|
|
|
c) Concreción, de ser o caso, dos obxectivos para o curso.
Se trata de concretar os obxectivos da educación secundaria na área ainda que é posible deixalos na súa formulación xenérica
d) Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de:
1º. Temporalización.
Pode indicarse en que unidade didáctica ou proxecto se van traballar os estándares. Non ten moito sentido asignar tempos de calendario aos estándares posto que non son as unidades de traballo a empregar.
2º. Grao mínimo de consecución para superar a materia.
Isto supón facer unha gradación do estandar indicando cal sería o mínimo esixible.3º. Procedementos e instrumentos de avaliación.
Aqui listamos os instrumentos de avaliación que imos empregar para cada estandar
BLOQUE
|
ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE
|
TEMPORIZACIÓN
|
GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN
|
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
|
1 |
Deseña
un prototipo que dá solución a un problema técnico, mediante o
proceso de resolución de problemas tecnolóxicos. |
Unidades 2,3,4 e 6
|
É quen de seguir as principais fases do proceso de resolución de problemas chegando á presentación dun prototipo e avaliando o seu traballo |
- Rúbrica de avaliación das presentacións orais -Portafolio do pro0xecto |
Elabora
a documentación necesaria para a planificación da construción
do prototipo. |
Unidades 2,3,4 e 6 |
Emprega con soltura os medios de escritura, gráficos e multimedia para a presentación de resultados |
- Rúbrica de avaliación das presentacións orais -Portafolio do pro0xecto | |
Traballa
en equipo de xeito responsable e respectuoso. |
Todas as unidades
|
|
Rexistro da observación directa Folla de autoavaliación do grupo |
e) Concrecións metodolóxicas que require a materia.
Establecense as opcións metodolóxicas a seguir polo profesorado do departamentof) Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar.
Este apartado e o anterior teñen como obxectivo unificar criterios do profesorado asi como guiar a acción do departamento de cara a conseguir os recursos e materiais necesariosg) Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado.
Este apartado pode inducir a confusión. Os criterios de avaliación están establecidos no curriculo de cada materia. Neste apartado se trata de acordar como se vai facer a avaliación. como se deduce a cualificación e , no seu caso, como se decide a promoción ou certificación do alumnado. Este sería un apartado a negociar co alumnado e que deberían coñecer as familias
h) Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente.
Os indicadores de logro poden definirse como una serie de aspectos que debemos valorar para analizar o proceso de ensino aprendizaxe. Poden ir desde aspectos do clima de aula a resultados da avaliación. Na práctica pode formularse en forma de preguntas a responder polos axentes implicados: profesorado, alumnado, familias, equipa directiva, etc
Aspecto: Utilización das TICs
- ¿Cal foi a porcentaxe de actividades que implicaba uso das TICs?
- ¿Tivo sempre o alumnado axuda pra o uso das TICs?
- ¿Empregamos as aplicacións compartidas nas actividades?
i) Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes.
Se trata de organizar as actividades do daepartamento dedicadas ao alumnado con materias pendentesj) Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato.
k) Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados.
l) Medidas de atención á diversidade.
m) Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda.
n) Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada departamento didáctico.
ñ) Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.Aqui tratase de establecer os criterios e instrumentos de avaliación da programación docente. Se ben se sinala que os resultados académicos poden ser un factor para a revisión da programación podense utilizar outros indicadores para revisalas.
NOTA FINAL
Hai unha decisión importante que non se recolle nesta programación que é a definción das unidades didácticas. Supoñemos que isto se deixa para a programación de aula donde haberá que agrupar as actividades deseñadas para cumplir cos estandares de aprendizaxe en unidades temporalizadas. O recurso de utilizar os bloques de contidos como criterio para a formación de unidades (tan utilizado) ten graves inconvenientes como é , no caso da materia de tecnoloxía a existencia de bloques de contidos transversais como o primeiro adicado ao método de resolución de problemas tecnolóxicos.