sábado, 12 de diciembre de 2015

Aprendizaxe Visual

A aprendizaxe visual defínese como a aprendizaxe de formas gráficas de traballar con ideas e información. O manexo de estas formas supón un afondamento na comprensión dos conceptos diante da esixencia de explicitar as súas relacións e tamén na visualización das concepcións erróneas.
Existen unha chea de posibilidades de representacións: diagramas de Venn, diagramas de fluxo, mapas conceptuais e mentais, etc. Todos poden ser empregados de forma analóxica pero as ferramentas dixitaias existentes multiplian a súa potencialidade engadindo facilidaes para a finalización gráfica, a cooperación e a publicación. 
Eduteka dispón dun módulo que repasa todos as formas de representacións e as ferramentas dixitais e conten un listado de referencias interesantes.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario