O impacto da Tecnoloxía dixital no ensino e aprendizaxe: unha revisión
Literature Review on the Impact of Digital Technology on Learning and Teaching é un traballo encargado polo goberno escocés que trata de axudar no deseño dunha estratexia para a aprendizaxe dixital mediante a aportación de evidencias de como e por qué a aprendizaxe e o ensino dixital poden beneficiar ao alumnado, ao profesorado e aos centros. Concretamente o traballo vai dirixido a ver como a tecnoloxía dixital pode servir para:
elevar o rendemento
tratar a desigualdade e promover a inclusión
mellorar a transición á vida laboral
aumentar a implicación familiar
mellorar a eficiencia do sistema educativo.
Despois de revisar máis de 200 traballos o traballo presenta un resumo dos aspectos claves atopados. Como exemplo traducimos os correspondentes ao primeiro aspecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario