Mostrando entradas con la etiqueta Programación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Programación. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de febrero de 2016

Normativa sobre a programación didáctica

Como en outros moitos aspectos do traballo docente existen unha chea de normativas que ao longo do tempo vanse superpoñendo creando un caos donde o sentido común, as aportacións do expertos e dos diferentes niveis da administración provocan a desorientación do profesorado. A programación didáctica acaba sendo un trámite burocrático que os departamentos tratan de solventar con rápidez e que raramente axuda.
Para clarificar as cousas, a administración decide unificar instruccións incluindo na Resolución da Dirección Xeral de Educación, F.P. e Innovación de 27 de xullo de 2015 un artigo, o número 13, que reproducimos e comentamos a continuación.

Artigo 13. Programacións didácticas
1. Os departamentos didácticos dos centros docentes desenvolverán o currículo establecido mediante a programación didáctica de cada materia de cada curso que teña encomendada na organización docente do centro.

Os responsables da programación son os departamentos
 
2. A programación didáctica deberá ser o instrumento de planificación curricular específico e necesario para desenvolver o proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado de maneira coordinada entre o profesorado compoñente do departamento.

A programación debe asegurar o traballo coordinado do profesorado do departamento. Consecuentemente todo o profesorado debe participar na elaboración, discusión e aprobación ainda que na práctica son  frecuentemente os xefes de departamento os encargados de elaborarlas.
 
3. As programacións didácticas incluirán en cada materia, polo menos, os seguintes elementos:
 

a) Introdución e contextualización.

b) Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais.


 Por exemplo, nesta tabla se relacionan os estandares coas competencias
 

BLOQUE
ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE
CCL
CMCCT
CD
CAA
CSC
CSIEE
CCEC
B1: Proceso de resolución de problemas tecnolóxicos
Deseña un prototipo que dá solución a un problema técnico, mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.
Elabora a documentación necesaria para a planificación da construción do prototipo.



Constrúe un prototipo que dá solución a un problema técnico, mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.




Traballa en equipo de xeito responsable e respectuoso.




B2: Expresión e comunicación técnica
Interpreta esbozos e bosquexos como elementos de información de produtos tecnolóxicos.





Produce os documentos relacionados cun prototipo empregando software específico de apoio.



B3: Materiais de uso técnico
Describe as características propias dos materiais de uso técnico, comparando as súas propiedades.




Explica as técnicas de identificación das propiedades mecánicas dos materiais de uso técnico.




B4: Máquinas e sistemas: electricidade, electrónica e control
Explica os principais efectos da corrente eléctrica e a súa conversión.





Utiliza os instrumentos de medida para coñecer as magnitudes eléctricas de circuítos básicos.





Calcula as magnitudes eléctricas básicas en circuítos eléctricos sinxelos.






Deseña e monta circuítos eléctricos e electrónicos básicos empregando lámpadas, zumbadores, díodos LED, transistores, motores, baterías, conectores, condensadores e resistencias.




Deseña circuítos eléctricos básicos, utilizando software específico e simboloxía adecuada, e experimenta cos elementos que o configuran.



Elabora un programa informático que xestione o funcionamento dun sistema de control.



B5: Tecnoloxías da información e da comunicación
Identifica as partes dun computador e é capaz de substituír e montar pezas clave.



Manexa espazos web, plataformas e outros sistemas de intercambio de información.



Coñece as medidas de seguridade aplicables a cada situación de risco.



Instala e manexa programas e software básicos.




Utiliza adecuadamente equipamentos informáticos e dispositivos electrónicos.




Elabora, presenta e difunde proxectos técnicos con equipamentos informáticos.





c) Concreción, de ser o caso, dos obxectivos para o curso.
Se trata de concretar os obxectivos da educación secundaria na área  ainda que é posible deixalos na súa formulación xenérica



d) Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de:

 1º. Temporalización. 
Pode indicarse en que unidade didáctica ou proxecto se van traballar os estándares. Non ten moito sentido asignar tempos de calendario aos estándares posto que non son as unidades de traballo a empregar.
2º. Grao mínimo de consecución para superar a materia.
Isto supón facer unha gradación do estandar indicando cal sería o mínimo esixible.3º. Procedementos e instrumentos de avaliación.
Aqui listamos os instrumentos de avaliación que imos empregar para cada estandar 

BLOQUE
ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE
TEMPORIZACIÓN
GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
1
Deseña un prototipo que dá solución a un problema técnico, mediante o proceso de resolución de problemas tecnolóxicos.
Unidades 2,3,4 e 6
É quen de seguir as principais fases do proceso de resolución de problemas chegando á presentación dun prototipo e avaliando o seu traballo
  - Rúbrica de avaliación das presentacións orais -Portafolio do pro0xecto                                            
Elabora a documentación necesaria para a planificación da construción do prototipo.
Unidades 2,3,4 e 6 Emprega con soltura os medios de escritura, gráficos e multimedia para a presentación de resultados
- Rúbrica de avaliación das presentacións orais -Portafolio do pro0xecto




Traballa en equipo de xeito responsable e respectuoso.
Todas as unidades

Rexistro da observación directa Folla de autoavaliación do grupo



e) Concrecións metodolóxicas que require a materia.

Establecense as opcións metodolóxicas a seguir polo profesorado do departamentof) Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar.
Este apartado e o anterior teñen como obxectivo unificar criterios do profesorado asi como guiar a acción do departamento de cara a conseguir  os recursos e materiais necesariosg) Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado. 
Este apartado pode inducir a confusión. Os criterios de avaliación están establecidos no curriculo de cada materia. Neste apartado se trata de acordar como se vai facer a avaliación. como se deduce a cualificación e , no seu caso, como se decide a promoción ou certificación do alumnado. Este sería un apartado a negociar co alumnado e que deberían coñecer as familias
h) Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente.

Os indicadores de logro poden definirse como una serie de aspectos que debemos valorar para analizar o proceso de ensino aprendizaxe. Poden ir desde aspectos do clima de aula a resultados da avaliación. Na práctica pode formularse en forma de preguntas a responder polos axentes implicados: profesorado, alumnado, familias, equipa directiva, etc

Aspecto: Utilización das TICs

  • ¿Cal foi a porcentaxe de actividades que implicaba uso das TICs?
  • ¿Tivo sempre o alumnado axuda pra o uso das TICs?
  • ¿Empregamos as aplicacións compartidas nas actividades?

 i) Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes.


Se trata de organizar as actividades do daepartamento dedicadas ao alumnado con materias pendentesj) Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato. 

k) Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados.


l) Medidas de atención á diversidade.  


m) Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda.

n) Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada departamento didáctico.


ñ) Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.
Aqui tratase de establecer os criterios e instrumentos de avaliación da programación docente. Se ben se sinala que os resultados académicos poden ser un factor para a revisión da programación podense utilizar outros indicadores para revisalas. 


NOTA FINAL

 Hai unha decisión importante que non se recolle nesta programación  que é a definción das unidades didácticas. Supoñemos que isto se deixa para a programación de aula donde haberá que agrupar as actividades deseñadas para cumplir cos estandares de aprendizaxe en unidades temporalizadas. O recurso de utilizar os bloques de contidos como criterio para a formación de unidades (tan utilizado) ten graves inconvenientes como é , no caso da materia de tecnoloxía a existencia de bloques de contidos transversais como o primeiro adicado ao método de resolución de problemas tecnolóxicos


 

viernes, 13 de noviembre de 2015

Programacións (II)


Por qué facer unha programación


Certo. Son un pesadelo burocrático pero hai razóns para facer unha programación, ou sexa para pensar antes de actuar.

Escribir para pensar


Esta claro que temos dúas axudas básicas para pensar: unha é a conversa e outra é a escritura. A programación debe facerse en común, falando co resto do profesorado e debe plasmarse por escrito

Inventariar os problemas


A programación debe revisar os problemas previsibles con que nos atopamos ao longo dun curso

Definir e xerarquizar os criterios


As decisións precisan criterios e nas actividades de ensinanza-aprendizaxe é precios tomar unha chea de decisións

Ordenar e temporizar as actividades


É certo que sempre podemos improvisar ou decidir sobre a marcha pero non cabe duda que é necesario ordenar as nosas accións no tempo para conseguir as finalidades que nos porpoñemos

Formalizar os acordos


Hai que comprometerse diante da comunidade educativa. Para iso é necesario
  • explicitar os criterios que van ser empregados en decisións clave (cualificación, promoción, atención á diversidade, etc)
  • listar os medios que se van empregar (contidos, recursos didácticos, )
  • concretar os obxectivos que se pretenden obter
  • definir os medios que se van empregar para avaliar o proceso

Interpretar e concretar as disposicións legais


Hai moitas disposicións legais que conforman a actividade do profesorado pero hai moitas lecturas e concrecións posibles. É necesario un esforzo de delimitación para non perderse

jueves, 12 de noviembre de 2015

Programacións (I)

A programación é un instrumento de planificación que permite ao profesorado tomar decisións anticipadas coa necesaria tranquilidade e despois do aconsellable debate cos colegas do departamento. Visto así a confección da programación é un momento moi importante da actividade do curso e , sobre todo, debería ser unha fonte de satisfacción que se prolongaría ao longo do curso. Sen embargo, as cousas non son tal. A programación convírtese nun suplicio cando hai innovacións lexislativas ou nun trámite burocrático cando o que se trata é de poñer o de sempre. E isto é asi porque 
  •  A programación -funciona como un contrato coa administración ao que os seus vixiantes -os inspectores- terán que referirse sempre en caso de conflicto que, por outro lado, é cando se fan necesarias. Desde o punto de vista da administración é algo tan importante que a súa elaboración e defensa é unha das partes principais nas probas de acceso aos postos docentes. 
  •  Dado este carácter de contrato a administración vese na obriga de lexislar as súas características -por exemplo, os seus contidos- cun grado de detalle grande. En ocasións, emerxen diferentes interpretacións nos escalóns da administración aparecendo un conxunto de instruccións e comunicados que conforman un panorama confuso e arbitrario.
  •  Cando hai novidades de tipo organizativo e ainda máis pedagóxico, o profesorado vese na obriga de incluir nas programacións conceptos que a penas entende e sobre os cales tampouco atopa aclaracións nas instancias administrativas. Asi ven sucedendo con conceptos como capacidades, competencias e recentemente, estándares. 
  •  Por enriba, dado o carácter de contrato administrativo as inspeccións exercen unha certa presión para velar pola corrección da súa elaboración indignando as veces ao profesorado. 
  • Esta situación é o perfecto caldo de cultivo para que aparezan prácticas distorsionadas do tipo: 
    • copiar programacións, por exemplo, das “xentilmente” cedidas polas editoriais 
    • elaboración da programación polo xefe de departamento sen debate co resto dos colegas
    •  copiar a do ano anterior sen que medie reflexión sobre as experiencias anteriores. 
  • Finalmente as programacións son documentos formais que establecen un dialogo ficticio donde uns fan que fan e outros fan que vixian. Eso sí, en caso de conflicto, o documento escrito será o que permita dictar sentencia. 
As programacións por tanto, están a cumprir unha serie de funcións que as alonxan da función educativa e as convirten
  •  nun tramite burócratico formal. 
  • nunha declaración de intencións falsa que moitas veces contradí a programación real que desenvolve o profesorado. 
  • nun instrumento inadecuado para levar a práctica as ideas pedagóxicas establecidas polo lexislador.
  • nun instrumento escuro que a penas se comparte co alumnado e coa familias. 
  • nun medio de non-relación coa inspección nun elemento limitador da autonomía do profesorado. 
 Podemos cambiar esta situación?