jueves, 11 de febrero de 2016

O impacto da Tecnoloxía dixital no ensino e aprendizaxe: unha revisión

Literature Review on the Impact of Digital Technology on Learning and Teaching é un traballo encargado polo goberno escocés que trata de axudar no deseño dunha estratexia para a aprendizaxe dixital mediante a aportación de evidencias de como e por qué a aprendizaxe e o ensino dixital poden beneficiar ao alumnado, ao profesorado e aos centros. Concretamente o traballo vai dirixido a ver como a tecnoloxía dixital pode servir para:
  • elevar o rendemento
  • tratar a desigualdade e promover a inclusión
  • mellorar a transición á vida laboral 
  • aumentar a implicación familiar
  • mellorar a eficiencia do sistema educativo.

 Despois de revisar máis de 200 traballos o traballo presenta un resumo dos aspectos claves atopados. Como exemplo traducimos os correspondentes ao primeiro aspecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario