A proposta de incorporar novos contidos de programación e robótica a traves dunha nova asignatura danos a oportunidade de reflexionar sobre o proceso de definción do currículo. Para iso imos facermonos algunhas preguntas:
Quen decide?
A decisión é complexa e si ben existe unha administración educativa última responsable é posible identificar outros axentes que dunha maneira ou de outra inflúen na decisión.
Qué xustificacións presentan?
Neste aspecto é interesante tratar de distinguir as xustificacións explícitas e públicas (os obxectivos educativos, por exemplo) de aquelas non publcitadas pero que asoman no discurso.
Que tipo de incorporación propoñen?
Os novos contdios poden incorprarse a asignaturas xa establecidas, de forma transversal en varias asignaturas ou por medio de novas asignaturas; poden ser optativas ou oligatorias; poden substituir a outras contidos que son abondonados ou ben engadirse; poden facerse nunha etapa ou en varias; pode facerse de forma xenralizad ou de forma experimental nuns poucos centros; etc.
Que condicións require a nova incorporación?
É preciso novo profesorado ou formación para o existente?. Precisan novos materiais e instalacións?
Como conclusión de esta reflexión deberíamos poder definir a nosa opinión sobre a incorporación da nova asignatura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario