viernes, 13 de noviembre de 2015

Para ensinar, chega con saber a asignatura?


¿Para ensinar basta con saber a asignatura?


¿O coñecemento da materia -aportada pola carreira correspondente- chega para ensinar?. ¿Acaso os centos de miles de profesores e profesoras que nos deron clase non se prsentaron nas aulas sen ter cursado nengun mestrado de educación?

SI, para ensinar basta con saber a asignatura O resto dos coñecementos necesarios se consiguen na práctica con pouco tempo.

Non. É necesario adquirir coñecementos teóricos sobre a profesión de ensinar.

Riddle

Riddle é unha ferramenta que nos permite presentar na rede ideas ou facer enquisas (como a referente o coñecemento da asignatura)

 

Por qué facer unha programación


Certo. Son un pesadelo burocrático pero hai razóns para facer unha programación, ou sexa para pensar antes de actuar.

Escribir para pensar


Esta claro que temos dúas axudas básicas para pensar: unha é a conversa e outra é a escritura. A programación debe facerse en común, falando co resto do profesorado e debe plasmarse por escrito

Inventariar os problemas


A programación debe revisar os problemas previsibles con que nos atopamos ao longo dun curso

Definir e xerarquizar os criterios


As decisións precisan criterios e nas actividades de ensinanza-aprendizaxe é precios tomar unha chea de decisións

Ordenar e temporizar as actividades


É certo que sempre podemos improvisar ou decidir sobre a marcha pero non cabe duda que é necesario ordenar as nosas accións no tempo para conseguir as finalidades que nos porpoñemos

Formalizar os acordos


Hai que comprometerse diante da comunidade educativa. Para iso é necesario
  • explicitar os criterios que van ser empregados en decisións clave (cualificación, promoción, atención á diversidade, etc)
  • listar os medios que se van empregar (contidos, recursos didácticos, )
  • concretar os obxectivos que se pretenden obter
  • definir os medios que se van empregar para avaliar o proceso

Interpretar e concretar as disposicións legais


Hai moitas disposicións legais que conforman a actividade do profesorado pero hai moitas lecturas e concrecións posibles. É necesario un esforzo de delimitación para non perderse

jueves, 12 de noviembre de 2015

Programacións (I)

A programación é un instrumento de planificación que permite ao profesorado tomar decisións anticipadas coa necesaria tranquilidade e despois do aconsellable debate cos colegas do departamento. Visto así a confección da programación é un momento moi importante da actividade do curso e , sobre todo, debería ser unha fonte de satisfacción que se prolongaría ao longo do curso. Sen embargo, as cousas non son tal. A programación convírtese nun suplicio cando hai innovacións lexislativas ou nun trámite burocrático cando o que se trata é de poñer o de sempre. E isto é asi porque 
  •  A programación -funciona como un contrato coa administración ao que os seus vixiantes -os inspectores- terán que referirse sempre en caso de conflicto que, por outro lado, é cando se fan necesarias. Desde o punto de vista da administración é algo tan importante que a súa elaboración e defensa é unha das partes principais nas probas de acceso aos postos docentes. 
  •  Dado este carácter de contrato a administración vese na obriga de lexislar as súas características -por exemplo, os seus contidos- cun grado de detalle grande. En ocasións, emerxen diferentes interpretacións nos escalóns da administración aparecendo un conxunto de instruccións e comunicados que conforman un panorama confuso e arbitrario.
  •  Cando hai novidades de tipo organizativo e ainda máis pedagóxico, o profesorado vese na obriga de incluir nas programacións conceptos que a penas entende e sobre os cales tampouco atopa aclaracións nas instancias administrativas. Asi ven sucedendo con conceptos como capacidades, competencias e recentemente, estándares. 
  •  Por enriba, dado o carácter de contrato administrativo as inspeccións exercen unha certa presión para velar pola corrección da súa elaboración indignando as veces ao profesorado. 
  • Esta situación é o perfecto caldo de cultivo para que aparezan prácticas distorsionadas do tipo: 
    • copiar programacións, por exemplo, das “xentilmente” cedidas polas editoriais 
    • elaboración da programación polo xefe de departamento sen debate co resto dos colegas
    •  copiar a do ano anterior sen que medie reflexión sobre as experiencias anteriores. 
  • Finalmente as programacións son documentos formais que establecen un dialogo ficticio donde uns fan que fan e outros fan que vixian. Eso sí, en caso de conflicto, o documento escrito será o que permita dictar sentencia. 
As programacións por tanto, están a cumprir unha serie de funcións que as alonxan da función educativa e as convirten
  •  nun tramite burócratico formal. 
  • nunha declaración de intencións falsa que moitas veces contradí a programación real que desenvolve o profesorado. 
  • nun instrumento inadecuado para levar a práctica as ideas pedagóxicas establecidas polo lexislador.
  • nun instrumento escuro que a penas se comparte co alumnado e coa familias. 
  • nun medio de non-relación coa inspección nun elemento limitador da autonomía do profesorado. 
 Podemos cambiar esta situación?

domingo, 1 de noviembre de 2015

Industria 4.0: outra revolución?

Os desenvolvementos tecnolóxicos modifican o funcionamento da sociedade e, especialmente,  na producción. A automatización e a conexión a internet provoca repercusións importante na loacalización das industrias, na productividade e no emprego. O artigo "Del torno a los robots humanoides " fai unha descrición da última revoluxión industrial. En "La cuarta revolución industrial en Alemania" hai exemplos dos últimos desenvolvementos.


Rubrica avaliación Scratch



lunes, 26 de octubre de 2015

Tecnología y sociedad

Hai cada vez máis posicionamentos críticos respecto dos cambios tecnolóxicos , especialmente no que se refire a Internet. A continuación alguns artigos recentes

Nicholas Carr: "La ilusión de Silicon Valley" 

Francisco Calvo Serraller "Confesiones de un resistente"

Evgeny Morozov "Silicon Valley contra la sociealdemocracia"  

Joseba Elola " Herejes en el valle da las maravillas"